Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel María. Mostrar todas las entradas

Manuel María. Terra Cha (1954). Labrego.



¡Pra escravo o labrador!
No Inverno móllase.
No Vrao derréteo o calor.

A súa vida é incerta:
ó sementar non sabe
se acerta ou non acerta.

Pra lograr unha anada
ten que contar co sol
coa auga, coa xeada...

Como a terra é cega
se lle da froito un ano
o que ven, xa llo nega.

Así vive o labrador:
¡comendo pan regado
con sangue e sudor!


( Labrego )

 

Manuel María. Terra Cha (1954).Cantiga de romaxe pra ir ó San Ramón de Vilalba



Hemos buscar ós Camba, xente galega e cordial:
¡Pepa, Cristina e Alfonso, bon como o pan candeal!
            Coa ledicia por bandeira.

Veremos a Carmen Prieto, a Pablo Pena de Olano
¡e ó doutor Plácido Orosa, tan falador e humano!
            Coa ledicia por bandeira.


( Cantiga de romaxe pra ir ó San Ramón de Vilalba )


 

Manuel María. Terra Cha (1954). Barro.



1
Estes dous povos, Bonxe e Silvarrei
tan soio teñen barro de boa lei.
As terras son malas, malas, malas
e de pouco ou de nada val labralas:
¡teñen barro somentes e barreiros!
¡No país non hai outros caharreiros
que lle teñan ó seu oficio tanta lei
como as xentes de Bonxe e Silvarrei!

2
En Silvarrei non hai cacho nin cacharro
pois xa ninguén traballa o barro.
En Bonxe somentes o Manuel do María
e o Indalecio sosteñen, día a día,
a tradición da vella alfarería
pola que digo, tristeiro, esta elexía.


( Barro )


 

Manuel María. Terra Cha (1954). A virxe dos milagros de Saavedra.



Soio che traio por flor
a pobreza dun cantar,
tenrura do meu amor
¡e toda a noite a ruar!

Na alma traio soidá;
no corazón unha aurora.
¡Ti reinas na Terra Chá!
¡Eu son labrego, señora!


( A virxe dos milagros de Saavedra )

Manuel María. Terra Cha (1954). Sementeira.



Na agra a luz é lene e apardada.
Vai a ser a terra sementada.
Andan unhos homes a botar a anada.
Outros, cos bois, fan a sucada.
A terra déixase abrir, muda e calada.
Os sucos son xeometría namorada:
homes e bois non saben nada...
¡As labandeiras na terra traballada
andan por entremedias da xugada!


( Sementeira)
 [labrego]