Mostrando entradas con la etiqueta prosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta prosa. Mostrar todas las entradas

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). O muiñeiro



“De seguro que moitos coidan que estou tolo. Pero non se me dá. Alá eles. Que maxinen canto queiran. Se alguén saíse por aí adiante berrando: “¡toleou Fermín!, toleou o muiñeiro!”, adivertiríame moito. non sería eu quen o negase. ¿Pra que? Todos saben que negar a propia tolemia é coma decrararse todo de vez. E amais deso, ten certas ventaxas. Os tolos son respetados e temidos; apóñenlle sempre algún xenio ou sabencia.
            Se pensan que estou tolo, estareino. Cadaquén é o que a xente diga. Todos os que fan algo fóra da rotineira estabrecida, xogan con ese risco. Ti mesmo, estás cavilando... Vaite, sigue co teu camiño. Chegarás tarde á obra. Os otros carpinteiros pasaron fai un anaco. Xa deben estar alá. Déixame.
            ¿Por que durmo na porta do muíño? Ti es novo na aldea. Non sabes nada. Non entendes nada. O muíño e mais eu somos unha mesma cousa.”

( O muiñeiro )

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). Isaura



“Foi no balbordo da malla. A xente rebulía na eira, entre monllos e grao limpo e forcadas. Ramón atendía o motor da malladora. Bateron os seus ollos en Isaura, que carrexaba centeo. Díxolle algo, mais ben con acenos, pois a voz afogoulla o bruído da máquina. Ela sorreu. Pola noitiña, cando o motor calou e se foi indo a xente, quedaron soios redoados de palla e grilos musiqueiros e estrelas.
            Dempois seguíronse vendo. Ramón salvaba o arredamento que lle impoñía o seu traballo. Quedaba atrás os paññeiros, con taravelas e carapuchos novos. A malladora iba fuxindo, aldea tras aldea. Isaura rubía ó coto pra escoitar o eco daquel latexar mecánico, cada vez máis esvaído e lonxano.”

( Isaura ) 
[Mallador]

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). ¿Como é o mar?



“Nacera na beiramar. Talvez por eso lle puxeron Mariña. O pai era pescador e morreu afogado cando ela tiña uns cantos meses. Nin siquera un retrato del lle deixaron. Ó longo dos anos maxinouno de moitas maneiras. En veces forte, baril, destemido. Outras miúdo, feble, sin forzas pra vencer a tempestade que o arramplou.
            Dempois daquela disgracia, a nai tróuxoa pra a montaña. Viñeron vivir ó achego duns parentes. pouco a pouco fóronse afacendo. Anque, pra ela era coma se tivese nado aquí. Era moi pequecha. E pequecha seguía sendo cando lle morreu a nai. Acababa de cumprir catro anos. Quedou orfiña de vez, cuasemente dende o berce.”

(¿Como é o mar?)

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). A sombra.



“Por un carreiro miúdo que cobreguea de par do regato pódese chegar á Cova. O terreo está a chupe. É logar brañento, e dá acougo pousar a ollada no verdume das xuncas. Hai ameneiros e freixos. A auga xoga e parola coas pedras. No inverno relocen, ó longo do regueiro, os vidros da xiada.
            Perto da cova está a caseta de Gumersindo, o zoqueiro. E na banda de abaixo, o corgo de cemento. Por veces, o regato cai na boca do corgo e alí queda, medrando no mesmo logar e recollendo a súa longura. Hastra lle abren o picho e volta a ser el, agora brincando nas birtas pra afogar a sede da terra.
            Cando cheguei, estáballe sacando rachas a un retrinco de ameneiro. O fío da macheta pasáballe rente da mao esquerda.
            -Son zocos pra un neno -díxome-. Levan menos pau pero dá máis traballo facelos.”

( A sombra )

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). Noxo



“Había moita xente no velorio. Era polo vrao, coa lúa chea e canturía de arrás no regueiro. Todo estaba quedo. Non se movía unha folla. A xente iba dun lado pra outro de vagar. Algúns parolaban na cociña; outros, esparexéronse polos recantos da casa. Catro ou cinco vellas, de loito, redoaban á morta con rezos choriqueiros. Eu saín pola eira adiante. Senteime nunha cachopa. estaba canso. Andivera o día enteiro no agro, atando monllos. Non tardou en achegárseme Santiago, o retellador. E comezou a falar:
            -¿Viches como a xente ten dúas caras? Dúas, canto menos. Non o digo pola defunta. A probe, coma todos os mortos, xa non é máis que un restoballo de si mesma. falo dos que a mataron... Xa sei: ninguén lle deu cun machado, nin solimán a beber. pero hai moitas maneiras de acabar co folgo dunha persoa.”

( Noxo )

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). Auga



“Anoitecía. A chuvia repinicaba nas tellas. Cada lóstrego alumaba o pallal e viámonos uns ós outros, rostos aterecidos e chaquetas pingando. O trebón colléranos fóra. Tronaba a máis non dar. Bastián, o legoeiro, sentado na beira dunha grade, mentras xogaba co mango da peta, púxose a contarnos aquela historia. E todos calamos.
            -Téñenme dito que os cans doentes non aturan a auga. Algo semellante acontéceme a min -dixo-. Pasáronme un eito de anos por derriba, pero hai sucesos que non se poden esquecer. lembrarei aquelo anque chegue a velliño. Poque as cousas danse ás veces de tal xeito que se meten nun pra sempre.
            Eu non tiña aínda cinco anos. meu irmao Suso cumprira catorce. os dous andabamos en todos os traballos, pois xa se sabe que os que vimos ó mundo labregos, dende o berce comezamos a domear o lombo.”


( Auga )

 

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). A serra



“Mentras avantaba, coa esporta ó lombo, fixo un reconto da súa vida; aquela vida escrava, chea de contratempos e de angurias. Dende o mesmo berce andivo a servir. Foi esprotado e trasteado por varios amos. Dempois botouse ó xornal, hastra que o Fragueiro lle deu traballo. No comezo fendeu travesas, e logo tocoulle andar de monte en monte, asentando e erguendo aquela serra mecánica, por cada piñeiral que o Fragueiro mercaba. Era un trafego de xemer, pero comezaba a gostarlle. Afixérase ao ruído da serra, á recina, ó batemento do motor... Adeprendeu o manexo daquela estangurriada. Anque mal pagado, convertírase nun obreiro de calidade. Tiña un oficio.”


( A serra )
[Xornaleiro]
[Serrador]


 

Eduardo Blanco Amor. A esmorga (1950)



“E, ademais, o día, nefeuto, viña avolto polo ceio e xa escomenzara a orballar mesmo coma para chover forte, porque aquí cando emprincipia... ¡E, que carafio, non era cousa de pórse a picar morrillo con aquel esmorecemento que me viña, e coa auga a Deus dala, coma outras vegadas que me pillou a chuvia no choio, e ter que apandar co arrancallo da coroza que alí nos emprestan, que cando se enchoupa pesa coma se fose de pau, que nin deixa mover os brazos...! E tamén me dixen, como xa dixera Xanciño, que seguramentes non se ía traballar nas obras, pois anque o inxenieiro novo, que viñera de Madrí, nons dicía que xa levabamos dous meses de perda e nos reventaba a traballar nos días bos, en canto se viñan catro pingas púñase a rrenegar da chuvia do país e andaba connosco feito unha fera brava, coma se tivesemos a culpa...”


( A esmorga, Ed. Galaxia, 1985, 2ª ed., páx. 31)


Eduardo Blanco Amor. A esmorga (1950)



“Cando ía nestas, cavilando na “perra vida do trabajador”, como di o Serantes nesas xuntanzas de homes de traballo que agora se estilan e que se chaman “mitís”, e non lle fai aflla razón, aínda que non sexa máis que carpinteiro de obra, pois socedeu que ao lonxe vin, polo entremedio do neboeiro, dous bultos de home que se querían así coma disimular nun dos grosos negrillos que aló hai, a par da carreteira.”

( A esmorga, Ed. Galaxia, 1985, 2ª ed., páx. 20)

Eduardo Blanco Amor. A esmorga (1950)


"Tamén me tiven que valer do Tijeradeoro, que era un xastre, fillo doutro xastre, compañeiro de agulla do Milhomes, a quen o leitor coñecerá de contado e colleralle -supoño eu, que niso hai difrenza de gostos -xenreira para toda a vida. Polo visto o pai deste segundo xastre, xa de vello, non facía máis que falar do asunto. Contábao dunhas vinte ou trinta maneiras, asegún o humor que o acometese no seu desenrolo; pero decote cun entusiasmo tan persoal e afervoado coma se en troques de ter sido contemporao, sinxelo contemporao coma tantos outros que facía xa medio século -pois no meu pobo a xente vive con teima inacabábel- asistiran aos sucesos, tivese sido un dos principaes protagonistas. Por todo isto, tales testemuñas de segunda mau aínda que mellor sería dicir de segunda agulla- tívenas por adondo sospeitosas, por sobeiamente imaxinativas e miudallentas, como decote pasa coas testemuñas dos xastres que se doen da minuciosidade ornamental e do preciosismo sedentario propios do seu oficio."

( A esmorga, Ed. Galaxia, 1985, 2ª ed., páx. 11)

Ramón Cabanillas. A Cadea. O que non morreu.(1917)

...o frente dos seus arqueiros a cabalo pendon diante de todas armas cuberto
dende os pes hasta a cabeza vestido de coiro e ferro mentras os crarins de guerra
zoaban rachados os ventos.

A.D. Rodríguez Castelao. Cousas. Relatos Cortos. Marquesiña.(1926)

[...] Trabajo de XORNALEIRA na casa do marqués.[...]

Álvaro Cunqueiro. Escola de menciñeiros. Xil de Ribeira (1960)

O seu bisavó fora menciñeiro, e tamén o seu pai, e a avoa e mais a nai, parteiras, e tiña un fillo, Felipe Marat Dantón, afillado de Portela Valladares, que andaba por Nacia de Suarna facendo de capador. Herdábase nos Xiles da Ribeira o talento médico como na familia Bernouilli o talento matemático.

Eduardo Blanco Amor. Xente ao lonxe (1972)

...xa falara o pamplín, polo gremio dos carpinteiros de obra da provincia. Era da serra de queixa. Nunca adeprendera ben a separación das falas e metía moitos castrapos.

Eduardo Blanco Amor. Xente ao lonxe. Texto 1 (1972)

E o abanista...

Álvaro Cunqueiro. Os outros feirantes. Marcelino Pardo (1979).

[...] Pero non fixo falta usar o remedio, que ou en Valladolid non había Gatipedro, ou estaba ocupado co fillo dun sarxento ou dun cabo furriel. [...]

Álvaro Cunqueiro. Escola de menciñeiros (1979). Xil de Ribeira.

O seu bisavó fora menciñeiro, e tamén o seu pai, e a avoa e mais a nai, parteiras, e tiña un fillo, Felipe Marat Dantón, afillado de Portela Valladares, que andaba por Nacia de Suarna facendo de capador. Herdábase nos Xiles da Ribeira o talento médico como na familia Bernouilli o talento matemático.

Álvaro Cunqueiro. Escola de menciñeiros. Xil de Ribeira (1960).

O seu bisavó fora menciñeiro, e tamén o seu pai, e a avoa e mais a nai, parteiras, e tiña un fillo, Felipe Marat Dantón, afillado de Portela Valladares, que andaba por Navia de Suarna facendo de capador. Herdábase nos Xiles da Ribeira o talento médico como na familia Bernouilli o talento matemático.

Castelao. Os dous de sempre. Rañolas fuxe dos moinantes que o tiñan engaiolado

No camiño retorto dunha romería de tres días aparecen a Xorda, Barrote e Rañolas, compoñendo unha familia ben axeitada da pena trebor o corazón dos romeiros.

Castelao. Os dous de sempre. Rañolas fuxe dos moinantes que o tiñan engaiolado

No camiño retorto dunha romería de tres días aparecen a Xorda, Barrote e Rañolas, compoñendo unha familia ben axeitada da pena trebor o corazón dos romeiros.