Mostrando entradas con la etiqueta s. XIX. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta s. XIX. Mostrar todas las entradas

Álvaro Cunqueiro. Outros Feirantes (1979). Marcelino Pardo.

[...] Un médico de betanzos díxolle aos pais que aquilo era una doenza, e recetoulle unhas pastillas que non fixeron ningún efecto. [...] 



Manuel Curros Enríquez. Aires da miña terra. Na chegada a Ourense da primeira locomotora (1880)


Velahí ven, velahí ven avantando
cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!


Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velahí ven, velahí ven, tan houpada,
Tan milagrosiña, con paso tan meigo,
Que parece unha Nosa-Señora,
Unha Nosa-Señora de ferro.

Francisco Añón. (...). A leiteira (1886)



Ergome ao abrir do día
inda alumea o luceiro,
e en chegando a algún regueiro
bautizo con auga fría
o leite do meu pucheiro,
porque mellor aproveite,
¿Quen merca o leite?

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos (1863). Poema 3



Falás como un abogado,
e calquera pensaría
que deprendestes nos libros
tan váreas palabrerías.
...
Xa recolleron ó gando
que pastaba na curtiña (...)

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos (1863). Poema 5.



Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
antre o pinar.
(...)
Costureiriña
do carballal,
colle unha agulla,
colle un dedal;
cose os buratos de ese teu cós,
que andar rachada
non manda Dios.