“Mentras avantaba, coa
esporta ó lombo, fixo un reconto da súa vida; aquela vida escrava, chea de
contratempos e de angurias. Dende o mesmo berce andivo a servir. Foi esprotado
e trasteado por varios amos. Dempois botouse
ó xornal, hastra que o Fragueiro lle deu traballo. No comezo fendeu
travesas, e logo tocoulle andar de monte en monte, asentando e erguendo aquela serra mecánica, por cada piñeiral que o
Fragueiro mercaba. Era un trafego de xemer, pero comezaba a gostarlle.
Afixérase ao ruído da serra, á recina, ó batemento do motor... Adeprendeu o
manexo daquela estangurriada. Anque mal pagado, convertírase nun obreiro de
calidade. Tiña un oficio.”
( A serra )
[Xornaleiro]
[Serrador]