Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



Moreda das morodellas!
Nogueiras freixos da Barxa!
A Boca do Couto! As Augas
i a Devesa da Rogueira!

Baixando terra fragosa
dende a Fontiña da Rosa
hastr’o muíño das edras
peta a auga nas pedras
foza nas portas un touro
tecen as mozas na tea
un monte lonxe fumea
e vai muñando o boi louro...
 
( Moreda das morodellas! )
[ Tecedora ]

 

Manuel María. Terra Cha (1954). Labrego.



¡Pra escravo o labrador!
No Inverno móllase.
No Vrao derréteo o calor.

A súa vida é incerta:
ó sementar non sabe
se acerta ou non acerta.

Pra lograr unha anada
ten que contar co sol
coa auga, coa xeada...

Como a terra é cega
se lle da froito un ano
o que ven, xa llo nega.

Así vive o labrador:
¡comendo pan regado
con sangue e sudor!


( Labrego )

 

Manuel María. Terra Cha (1954).Cantiga de romaxe pra ir ó San Ramón de Vilalba



Hemos buscar ós Camba, xente galega e cordial:
¡Pepa, Cristina e Alfonso, bon como o pan candeal!
            Coa ledicia por bandeira.

Veremos a Carmen Prieto, a Pablo Pena de Olano
¡e ó doutor Plácido Orosa, tan falador e humano!
            Coa ledicia por bandeira.


( Cantiga de romaxe pra ir ó San Ramón de Vilalba )


 

Manuel María. Terra Cha (1954). Barro.



1
Estes dous povos, Bonxe e Silvarrei
tan soio teñen barro de boa lei.
As terras son malas, malas, malas
e de pouco ou de nada val labralas:
¡teñen barro somentes e barreiros!
¡No país non hai outros caharreiros
que lle teñan ó seu oficio tanta lei
como as xentes de Bonxe e Silvarrei!

2
En Silvarrei non hai cacho nin cacharro
pois xa ninguén traballa o barro.
En Bonxe somentes o Manuel do María
e o Indalecio sosteñen, día a día,
a tradición da vella alfarería
pola que digo, tristeiro, esta elexía.


( Barro )


 

Manuel María. Terra Cha (1954). A virxe dos milagros de Saavedra.



Soio che traio por flor
a pobreza dun cantar,
tenrura do meu amor
¡e toda a noite a ruar!

Na alma traio soidá;
no corazón unha aurora.
¡Ti reinas na Terra Chá!
¡Eu son labrego, señora!


( A virxe dos milagros de Saavedra )

Bernardino Graña. Profecía do mar (1966). Lázaro mariñeiro.



E xusto enfraquecer pero ter ansias,
estar sen as mans e andar cos cotovelos,
sen pernas e tentar subir aos montes,
sen aire e respirar sequera versos.

Non quedes co teu corpo así, contigo,
sen guerra xa, centrándote no escuro
dun soño que apodrece e vai fedendo
porque te fai un morto e come o mundo.

Paciencia, mariñeiro, e rabia e pulo,
senón perdido estás... Toma tabaco.
Fuma. Descansa. Agüenta. Colle forzas.
Levántate outra vez. ¡Ao mar o barco!


( Lázaro mariñeiro )

 

Bernardino Graña. Profecía do mar (1966). O gato da tasca mariñeira.



Beben viño coñac
berran discuten contan chistes mascan
un pouco de xamón tal vez chourizo
o gato ulisca cheira mira agarda
vai á cociña vense ao mostrador quixera
un anaquiño de boa carne un chisco
de tenrura algún queixo unha migalla.

Aquí non hai vagadas nin roncallos
non se ven os cabezos nin as praias
o taberneiro bule saúda cobra sirve fala
cambea mil pesetas chama á muller á berros
e contesta ao teléfono ás chamadas
e os homes berran moito cheos de ira
e rin e danse a man e nada pasa.
            
( O gato da tasca mariñeira)

Bernardino Graña. Profecía do mar (1966). Materia.



¡Ah, tremede e pregade ladaíñas,
e vixiade a materia acogotada,
os que tedes un corpo e non brincades,
os da lata da vida sen abrila!
 
Ide á sombra ou á cama con coidado.
Velarán policías e soldados.
Mais fuxide, homes bos, fuxide areas,
se se esperta esa lava que non dorme.
 
(Materia)

Manuel María. Terra Cha (1954). Sementeira.



Na agra a luz é lene e apardada.
Vai a ser a terra sementada.
Andan unhos homes a botar a anada.
Outros, cos bois, fan a sucada.
A terra déixase abrir, muda e calada.
Os sucos son xeometría namorada:
homes e bois non saben nada...
¡As labandeiras na terra traballada
andan por entremedias da xugada!


( Sementeira)
 [labrego]

Uxío Novoneyra. Os eidos II (1974).



Pacen as ovellas na restrella
i as cabras nas cembras.
Na pena
o pastor i o can en rodela.

Baixa a viceira pola calella
tropicando nas pedras
depinicando na edra.

-Xebriña xebra xebra xebra xebra!

 (Pacen as ovellas na restrella)

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



-Fiandeiriña delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e a soñas
para logo non ser nada.

-Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.

-Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.

 ( Fiandeiriña delgada )

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



Fiandeira namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandeiriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
co fío do pensamento.

Cai a neve quedo fóra
riba dos teitos calada
mentres ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...

( Fiandeira namorada )

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



Pastora que pásala vida
no monte soliña!
Pastora que fías e cantas
ca roca á illarga!
Pastora que cantas e fías
lá branca merina!
Pastora que fías e cantas
á tardiña baixa!
Pastora que cantas e fías
á alta seriña!

 (Pastora que pásala vida)

Ramón Cabanillas. Parte III varias. O boi

...e cando do labrego á voz de alento o envolves en olladas de candura.

(O boi)

Ramón Cabanillas. O que non morreu. A cadea.(1917)

Cubrirono cunha lousa na que uns mañosos canteiros en longos dias labraran a imaxe do cabaleiro no traxe de mata-mouros que usara naqueles tempos en que saia do pazo o frente dos seus arqueiros.


Ramón Cabanillas. Camiños no tempo (1949). Na casa de Nazaret.


A virxe fria
no fuso

brancas folerpas

de lan,
a galorpa carpinteira
chirra que te chirraras.
Diante do forno do oleiro
xogan Xesus e San Xoan,
o que ha de morrer na cruz
e o profeta do Xordan.
San Xoan, diviño obreiro
de longo e profundo ollar,
vai tallando paxariños
en barro mol e levian.
O neno Xesus, sorrindo,
vainos pousando na man,
dalles un bicos...e os pàxaros rompen
rompen, chiando, a voar!

Manuel Curros Enríquez. Aires da miña terra. Na chegada a Ourense da primeira locomotora (1880)


Velahí ven, velahí ven avantando
cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!


Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velahí ven, velahí ven, tan houpada,
Tan milagrosiña, con paso tan meigo,
Que parece unha Nosa-Señora,
Unha Nosa-Señora de ferro.

Francisco Añón. (...). A leiteira (1886)



Ergome ao abrir do día
inda alumea o luceiro,
e en chegando a algún regueiro
bautizo con auga fría
o leite do meu pucheiro,
porque mellor aproveite,
¿Quen merca o leite?

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos (1863). Poema 3



Falás como un abogado,
e calquera pensaría
que deprendestes nos libros
tan váreas palabrerías.
...
Xa recolleron ó gando
que pastaba na curtiña (...)

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos (1863). Poema 5.



Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
antre o pinar.
(...)
Costureiriña
do carballal,
colle unha agulla,
colle un dedal;
cose os buratos de ese teu cós,
que andar rachada
non manda Dios.