Mostrando entradas con la etiqueta labrego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta labrego. Mostrar todas las entradas

Xosé Neira Vilas. Xente no rodicio (1965). Auga



“Anoitecía. A chuvia repinicaba nas tellas. Cada lóstrego alumaba o pallal e viámonos uns ós outros, rostos aterecidos e chaquetas pingando. O trebón colléranos fóra. Tronaba a máis non dar. Bastián, o legoeiro, sentado na beira dunha grade, mentras xogaba co mango da peta, púxose a contarnos aquela historia. E todos calamos.
            -Téñenme dito que os cans doentes non aturan a auga. Algo semellante acontéceme a min -dixo-. Pasáronme un eito de anos por derriba, pero hai sucesos que non se poden esquecer. lembrarei aquelo anque chegue a velliño. Poque as cousas danse ás veces de tal xeito que se meten nun pra sempre.
            Eu non tiña aínda cinco anos. meu irmao Suso cumprira catorce. os dous andabamos en todos os traballos, pois xa se sabe que os que vimos ó mundo labregos, dende o berce comezamos a domear o lombo.”


( Auga )

 

Manuel María. Terra Cha (1954). Labrego.



¡Pra escravo o labrador!
No Inverno móllase.
No Vrao derréteo o calor.

A súa vida é incerta:
ó sementar non sabe
se acerta ou non acerta.

Pra lograr unha anada
ten que contar co sol
coa auga, coa xeada...

Como a terra é cega
se lle da froito un ano
o que ven, xa llo nega.

Así vive o labrador:
¡comendo pan regado
con sangue e sudor!


( Labrego )

 

Manuel María. Terra Cha (1954). A virxe dos milagros de Saavedra.



Soio che traio por flor
a pobreza dun cantar,
tenrura do meu amor
¡e toda a noite a ruar!

Na alma traio soidá;
no corazón unha aurora.
¡Ti reinas na Terra Chá!
¡Eu son labrego, señora!


( A virxe dos milagros de Saavedra )

Manuel María. Terra Cha (1954). Sementeira.



Na agra a luz é lene e apardada.
Vai a ser a terra sementada.
Andan unhos homes a botar a anada.
Outros, cos bois, fan a sucada.
A terra déixase abrir, muda e calada.
Os sucos son xeometría namorada:
homes e bois non saben nada...
¡As labandeiras na terra traballada
andan por entremedias da xugada!


( Sementeira)
 [labrego]

Ramón Cabanillas. Parte III varias. O boi

...e cando do labrego á voz de alento o envolves en olladas de candura.

(O boi)

Labrego

Persoa que se adica ó cultivo da terra. Persoa que traballa o campo e vive diso. (Diccionario RAG)
Útiles e ferramentas: pá, martelo, aixada, forca,...
Chmee2. Hoe2. CC-by-sa
JohnM. Pitchfork.
CC-by-sa

Rasbak. Schep. CC-by-sa

(por Estefanía C C e Raúl A R)




Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Cousas. (1926) A carón da natureza.

[...] Porque os labregos non regalan galos de balde [...]