Mostrando entradas con la etiqueta fiandeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fiandeira. Mostrar todas las entradas

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



-Fiandeiriña delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e a soñas
para logo non ser nada.

-Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.

-Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
sin deñar que encantenón
íbame indo namorando.

 ( Fiandeiriña delgada )

Uxío Novoneyra. Os eidos (1955).



Fiandeira namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandeiriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
co fío do pensamento.

Cai a neve quedo fóra
riba dos teitos calada
mentres ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...

( Fiandeira namorada )