Manuel Curros Enríquez. Aires da miña terra. Na chegada a Ourense da primeira locomotora (1880)


Velahí ven, velahí ven avantando
cómaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!


Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.

Velahí ven, velahí ven, tan houpada,
Tan milagrosiña, con paso tan meigo,
Que parece unha Nosa-Señora,
Unha Nosa-Señora de ferro.