Álvaro Cunqueiro. Escola de menciñeiros. Xil de Ribeira (1960).
O seu bisavó fora menciñeiro, e tamén o seu pai, e a avoa e mais a nai,
parteiras, e tiña un fillo, Felipe Marat Dantón, afillado de Portela
Valladares, que andaba por Navia de Suarna facendo de capador. Herdábase
nos Xiles da Ribeira o talento médico como na familia Bernouilli o
talento matemático.