Beben viño coñac
berran discuten contan
chistes mascan
un pouco de xamón tal vez
chourizo
o gato ulisca cheira mira
agarda
vai á cociña vense ao
mostrador quixera
un anaquiño de boa carne un
chisco
de tenrura algún queixo unha
migalla.
Aquí non hai vagadas nin
roncallos
non se ven os cabezos nin as
praias
o taberneiro bule saúda cobra sirve fala
cambea mil pesetas chama á
muller á berros
e contesta ao teléfono ás
chamadas
e os homes berran moito cheos
de ira
e rin e danse a man e nada
pasa.
(
O gato da tasca mariñeira)