Fiandeira namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.
Fiandeiriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
co fío do pensamento.
Cai a neve quedo fóra
riba dos teitos calada
mentres ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...
( Fiandeira namorada )