“Nacera na beiramar. Talvez
por eso lle puxeron Mariña. O pai era pescador
e morreu afogado cando ela tiña uns cantos meses. Nin siquera un retrato del
lle deixaron. Ó longo dos anos maxinouno de moitas maneiras. En veces forte,
baril, destemido. Outras miúdo, feble, sin forzas pra vencer a tempestade que o
arramplou.
Dempois daquela disgracia, a nai tróuxoa pra a montaña.
Viñeron vivir ó achego duns parentes. pouco a pouco fóronse afacendo. Anque,
pra ela era coma se tivese nado aquí. Era moi pequecha. E pequecha seguía sendo
cando lle morreu a nai. Acababa de cumprir catro anos. Quedou orfiña de vez,
cuasemente dende o berce.”
(¿Como é o mar?)